sábado, 15 de enero de 2011

RadioViña

Eu iba camiñando por Puente Arenlas, toda tranquila (como iba a ir senon?) cando empecei a escoitar un ruido. Bueno, no medio do monte como é Puente Arnelas hai moitos ruídos: paxaros, o río, cans... Pero non era ningunha desas cousas, era o ruído como dunha radio ou unha TV. Tiña curiosidade por saber de onde viña ese son e seguín o ruído. Acabei no medio dunha viña. Resulta que calquera que andaba podando olvidouna (encendida) no medio da viña. De tódolos xeitos pareceume moi interesante o feito de escoitar a xente falar no medio da viña sen haber ninguén así que seguín camiñando sen prestarlle máis importancia.

A cousa foi cando ó cheghar a casa encontrei a radio que estaba pendurada na viña na bicleta da miña irmá. Resulta que ela e máis a miña aboa pensaron que se estaba alí e non había ninguén cerca podían collela. <<Será dalgún veciño, cando o queira que veña preguntar>>. Lóxica aplastante: deixaches a radio na tua viña, para recuperala se che ocorre ir a casa da veciña.... sí, sí...

No hay comentarios:

Publicar un comentario