viernes, 7 de enero de 2011

Axedrez

(Antes de nada aclarar que non teño nin idea de xogar á axedrez)


     Facía xa tempo que esa estaba na partida, fixo varios intentos pero non conseguíu nada. Entón, cando esa estaba na peor das situacións eu entrei no terreno de xogo. Cunhas xogadas moi atrevidas conseguín, en pouco tempo facerlle un xaque mate (dise así en galego?). Mentres eu disfrutaba desa situación, esa empezou os seus movementos. Eu, allea a estes non me decatei do que se avecinaba. Tras unha xogada que lle saíu mellor da conta, fixome un xaque mate. E agora me preparo para a miña próxima xogada. Sego sen saber con certeza que é o que esa está facendo. Pero pronto o sabrei... Xa sabedes o que din: ten a teus amigos cerca e os teus inimigos aínda máis cerca....

2 comentarios: