lunes, 28 de noviembre de 2011

BUSQUEDA URXENTE

Levo xa moito tempo na procura dela pero non atopo nin a camiseta nin a marca, a ver se alguen a atopa T_T:

domingo, 30 de octubre de 2011

...:: 36 Dias ::...

Fai tempo que non escribo, son moi vaga jaja. Onte vin Moulin Rouge e gustoume un monton a BSO asi que como tributo o amor:
O mais bonito que vos pode suceder e que amedes e sexa correspondido (;

Ata outra

jueves, 6 de octubre de 2011

...:: 60 Dias ::...

Que podo contarvos?? Direivos que para hoxe teño un video coma outro calquera. E un grupo que encontrin onte mirando polo maravilloso mundo do Youtube. E moi similar a Evanescence, parecese tanto que un dos fundadores de Evanescence forma parte del. A voz da cantante recorda moito a de Amy Lee polo que en xeral podese confundir con facilidade. A ver que vos parece esta cancion:
O ghrupo chamase -We are the Fallen- e esta cancion e "Bury me alive" (creo...)

domingo, 2 de octubre de 2011

...:: 64 Dias ::...

Hoxe teño un pouco mais de ghana de escribir (: Pasaron certas cousiñas que fan que hoxe estea de bo humor :D por eso mesmo teño preparado un video musical con moita enerxia. Que o disfrutedes:
Se tivese que escoller un himno seria, sen dubida esta cancion. Son o que son grazas a ela e, en xeral, a Mago de Oz.

Con todos vostedes: -Mago de Oz- "Molinos de Viento"

viernes, 30 de septiembre de 2011

...:: 66 Días :...

Bueno hoxe como os outros días pasados non teño ninghunha ganiña de escribir polo que me limito a poñer un video calqueira:
Disfrutade de este video q elixín ó azar e non sei nin o que é  (:

martes, 27 de septiembre de 2011

...:: 69 Dias ::...

Hoxe non teño ninghunha gana de escribir asique poño o video dunha cancion que aprendin a tocar recentemente co piano e encantame.
Disfrutadeo: -Ludovico Einaudi- "Nuvole Bianche"

sábado, 17 de septiembre de 2011

...:: 79 Días ::...

Hoxe toca unha canción española. A verdade é que de este ghrupo so escoito esta canción pero encántame. Tamén aproveito para avisar que ca cheghada do instituto non vou poder ter a regularidade que tiña ata aghora. Deixovos con esta canción:
Preséntovos: -Hamlet- "Imagina"

viernes, 16 de septiembre de 2011

....:: 80 Días ::...

Bueno hoxe teño unha canción chulísima pra poñervos. Unha canción... bueno como dicilo... é unha canción bastante... orgásmica é a mellor maneira de chamala jaja Sin máis dilación:
Preséntovos: "Seven Nation Army" -White Stripes-

miércoles, 14 de septiembre de 2011

...:: 82 Días ::...

Xa queda menos sí señor... Hoxe acordeime dunha canción moi... graciosa por dicilo de algunha maneira. Xa fai polo menos un ano que non a escoito polo que creo que é o momento de facela un homeaxe. O millor sónabos, era o opening da terceira temporada do anime Bobobo-bo. Eu era unha gran seguidora desta serie e se a volvesen botar na TV probablemente seguiría véndoa :)





Con todos vos "Baka Survivor" -Ulfus-   (o que non faghan estes xaponeses... :)

martes, 13 de septiembre de 2011

...:: 83 Días ::...

Veamos que vos podo poñer hoxe de música.... Ocórreseme un dos maiores clásicos da música. Da música rock quero dicir. Un grupo dos 80, por suposto. Canción mítica onde as haxa. Deixovos con ela:
Coñécese ben, non? -Guns N´ Roses- "Sweet Child On Mine"

lunes, 12 de septiembre de 2011

...:: 84 Días ::...

Bueno a pesar de que hoxe estea chovendo (como case sempre en Galicia) levanteime de bo humor. As veces que eso pasa non queda outra que poñer música moi cañera, coma a que vos dedico hoxe.

Este ghrupo encántame, na súa traxectoria variou moito o seu estilo pero sempre con esa enerxía que tanto me ghusta e con ese toque oscuriño.

Disfrutade de un dos meus ghrupos favoritos: -My Chemical Romance- "Na na na na na na na na na na na na na na na na na" (ou algho asi XD)

domingo, 11 de septiembre de 2011

Cambio de imaxe

Tiña tempo libre e decidín dar un cambio de imaxe os meus bloges. Como o que importa é a vosa opinión pregúntovos que vos parece na encuesta que colocarei no lado dereito . Espero que me axudedes a elexir o mellor estilo pra páxina. Deica logo ;)

...:: 85 Días ::...

Bueno, estiven indagando un pouco sobre grupos ingleses e descubrín que moitos grupos que coñezo son de Inglaterra. Aquí vos dexo con unha canción puramente inglesa jaja.

Jaja mítica non? Home musicalmente non está moi alá pero faime gracia e é moi pegadiza ;)

Pra todos vos: -Sex Pistols-"God save the queen"

viernes, 9 de septiembre de 2011

...:: 87 Días ::...

Bueno hoxe toca alghún ghrupo inghles non? jaja. Bueno esta canción recordame moitas cousiñas que pasaron fai un tempo U_U. E como me ghusta moito vola dedico neste día (;

Con todos vostedes o mítico "Satisfaccion" dos -Rolling Stones-

miércoles, 7 de septiembre de 2011

...::89 Días::...

Ben, xa quedan so 89 días é dicir toda unha eternidade U.U
O video que vos dedico hoxe é o seguinte:
Esta canción enseñouma a miña profe de música a que lle estou moi agradacida posto que paréceme preciosa. É unha desas cancións que tes que escoitala mentres lees a letra e meditar nela.

Que a disfrutedes: -Bruce Springsteen- "Born in USA"

martes, 6 de septiembre de 2011

...::90 Días::...

Xente, coméntovos: quedan 90 días pra que marche a Londres :D e para iniciar esta conta atrás das miñas vacacións decidín subir un video cada día que me conecte (porque non me vou conectar sempre). O de hoxe e como homeaxe pra comenzar esta conta regresiva non puiden elixir outra canción máis ca:

A conta atrás a comenzado.


Pra todos vos: "Final Countdown" -Europe-

jueves, 11 de agosto de 2011

As ideas claras

 Quero ir a un concerto de Mägo de Oz pero non teño quen me leve. Para convencer a alguén teño que presentarlle máis ou menos toda a información necesaria de onde é, como chegar, quen va a tocar etc. asique decidín facer unha entrada con toda a info pra que lle quede máis clariño :P.




O concerto será o 14 de agosto (domingo). Comezará as nove e media. Tocarán "fracasados de antemano", "coyote express" e "Mägo de Oz" que é o que nos interesa. Será no campo da feria de Cambre (A Coruña).






Creo que esto é todo :)





martes, 5 de julio de 2011

Trotamundos

Andando nas miñas procuras polo mundo do internete encontrei este video que chamou poderosamente o meu interese. Espero que vos guste ;)

domingo, 30 de enero de 2011

Exilio voluntario en México

Contaríavos todo o que me aconteceu aquel día pra decidiren marchar a México pero non son desas que contan os seus problemas a calquera. A cuestión é que aconteceume algho que, me levou a tomar unha decisión. Agora encóntrome nun lugar moi afastado do resto da civilización. De tódolos xeitos decidín marchar a México en canto poida. Polo momento mando un clon a que me suplante. Por favor perdoen as súas torpezas, non esta acostumada a actuar coma mín. Calquera reclamación referente o seu comportamente por favor comuníquemelo.
Antes de partir, por suposto teño que deixar un asunto claro, a ver que acontecerá despois disto...

martes, 25 de enero de 2011

Idas de Olla

Bueno, isto é unha paranoiada feita co paint cunha amigha cando  nos aburriamos. Tunneamos unha conversación de tuenti. Sinto as traduccións superfluas  (para vos) do galego pero eran necesarías á hora de subilas a otros lados U_U. Ata outra...
¡¡AMPLIAR IMAXE!!

sábado, 15 de enero de 2011

RadioViña

Eu iba camiñando por Puente Arenlas, toda tranquila (como iba a ir senon?) cando empecei a escoitar un ruido. Bueno, no medio do monte como é Puente Arnelas hai moitos ruídos: paxaros, o río, cans... Pero non era ningunha desas cousas, era o ruído como dunha radio ou unha TV. Tiña curiosidade por saber de onde viña ese son e seguín o ruído. Acabei no medio dunha viña. Resulta que calquera que andaba podando olvidouna (encendida) no medio da viña. De tódolos xeitos pareceume moi interesante o feito de escoitar a xente falar no medio da viña sen haber ninguén así que seguín camiñando sen prestarlle máis importancia.

A cousa foi cando ó cheghar a casa encontrei a radio que estaba pendurada na viña na bicleta da miña irmá. Resulta que ela e máis a miña aboa pensaron que se estaba alí e non había ninguén cerca podían collela. <<Será dalgún veciño, cando o queira que veña preguntar>>. Lóxica aplastante: deixaches a radio na tua viña, para recuperala se che ocorre ir a casa da veciña.... sí, sí...

jueves, 13 de enero de 2011

Lei Antitabaco

En primeiro lugar dicir que eu non fumo e polo tanto pra min é un alivio poder ir a unha cafetería sen ter necesidade de cheirar tabaco. Pero, amighos meus hai un problema:
      Se a lei antitabaco pretendía evitar que traghase humo non o conseguíu. Nesta semana é traghado máis tabaco que ningunha outra. Claro, a xente que xa non pode fumar nunha cafetería o fai na calle e iso non che sei eu si será moito mellor...

Aínda queda moito por mellorar neste ámbito. Nunca chove a ghusto de todos...

viernes, 7 de enero de 2011

Axedrez

(Antes de nada aclarar que non teño nin idea de xogar á axedrez)


     Facía xa tempo que esa estaba na partida, fixo varios intentos pero non conseguíu nada. Entón, cando esa estaba na peor das situacións eu entrei no terreno de xogo. Cunhas xogadas moi atrevidas conseguín, en pouco tempo facerlle un xaque mate (dise así en galego?). Mentres eu disfrutaba desa situación, esa empezou os seus movementos. Eu, allea a estes non me decatei do que se avecinaba. Tras unha xogada que lle saíu mellor da conta, fixome un xaque mate. E agora me preparo para a miña próxima xogada. Sego sen saber con certeza que é o que esa está facendo. Pero pronto o sabrei... Xa sabedes o que din: ten a teus amigos cerca e os teus inimigos aínda máis cerca....

miércoles, 5 de enero de 2011

Holas!!

Bueno, amigh@s, como estiven de vacacións e non puiden facer ningunha entrada digna de mención decidín facer esta reaparición na ACP. E que mellor forma de face-lo que con un un "novo" manga? Verdes, estaba na páxina de submanga cando encontrei un manga chamado "5 elementos". Só lin os primeiros capitulos pero é verdadeiramente bo. Recoméndoo! Deixovos cunha fotiño relacionada:
5 elementos y raruto
 Bueno, na imaxen aparece tamén Raruto, unha parodia de Naruto tamén moi entretida pero que pode ofender a algúns fans de Naruto. 5 elementos, en sí mesmo tamén é unha parodia de mangas/animes de poderes. Algho así como Don Quixote, que aínda que satiriza unha novela de cabaleiría, é tamén unha destas, 5 elementos satiriza un manga de xente con poderes sendo en definitiva iso mesmo. Bueno despois de este roio marcho!

PD. Como podedes observar fixen toda a entrada en "galego". En efecto, a partires de agora o blog faréino en Castrapense  (dialecto que mezcla variantes dialectais do galego có castelán). Sinto as faltas de ortografía ;P

domingo, 2 de enero de 2011

Neko con guantes no caza ;D

Dibujito ^^ (para saber la explicación acudir a mi otro blog)

Me encanta este dibujo la verdad. Aunque no suelo usar esas tonalidades de colores y el scaner quiso cortarme el dibujo ¬ ¬